Homenaxe a Benito Oliveira no Rock & Long 2025

O Rock & Long 2025 contará cunha emotiva homenaxe ao noso compañeiro e amigo Benito Oliveira, recentemente falecido, e que deixa tras de si un legado inesquecible no mundo do surf e da fotografía.

Desde a organización do festival queremos que Beni estea presente entre nós durante toda a fin de semana, e por iso animamos a todas as persoas asistentes a traer algunha das fotografías que el vos fixese, para colocalas polo Kanion no formato que cada quen desexe. Deste xeito, construiremos xuntos unha memoria colectiva que reflicta a súa paixón polo mar, pola cultura surfeira e polas persoas.

Ademais, o domingo 28 de setembro ás 10:30 da mañá, convocamos a toda a comunidade na praia de Montalvo para ofrecerlle un último saúdo conxunto desde o mar. Non será unha despedida, porque o seu legado permanecerá sempre con nós, pero si unha maneira simbólica e compartida de agradecerlle todo o que deixou. Pedímosvos que traiades flores, para ofrendarllas ao océano nun xesto colectivo de lembranza.

O espírito de Beni, a súa mirada e o seu amor polo surf seguirán presentes en cada onda e en cada fotografía.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.