Todo preparado para o Rock&Long 2025 en Montalvo

O Rock & Long 2025 regresa a Montalvo cunha fin de semana de música, surf e cultura

Os días 26, 27 e 28 de setembro de 2025 celebrarase unha nova edición do Rock & Long, un encontro único que combina música en directo, surf, arte e convivencia na praia de Montalvo, en Sanxenxo.

O festival, de acceso totalmente gratuíto, incluirá unha xuntanza surfeira, un mercadiño de arte e artesanía, zona camper e unha expo fotográfica en memoria de Beni Oliveira, mantendo o espírito comunitario que caracteriza este evento desde os seus comezos.

A programación musical deste ano é a seguinte:

  • Venres 26, 21:30h – Concerto das bandas Nutrias (Galicia) e Playa Nudista (Arxentina).

  • Sábado 27, 22:00h – Actuación de Los Wavy Gravies (Galicia) e sesión de DJ Lorre.

  • Domingo 28, 12:30hCharla Océano Surf Club e concerto da banda galega Noite Pechada, nunha sesión vermú de peche.

Durante toda a fin de semana, o Rock & Long converterá Montalvo nun punto de encontro para surfistas, artistas e amantes da música, coa forza das ondas e o son do rock como fíos condutores.

📍 Lugar: Kanion Surf – Praia de Montalvo, Sanxenxo
🎟️ Acceso gratuíto

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.